TRABALLO
Desemprego especial por ERTE
Como se pide?
As persoas afectadas por ERTE non teñen que solicitar prestacións por desemprego. A súa empresa encargarase diso cando se aprobe o ERTE e o SEPE aprobará a súa axuda. Tamén se cambian do ERTE total a un parcial de reanudación da actividade.
Dende e ata cando?
Isto acreditarase no propio ERTE, pero se non establece unha data de finalización, entenderase que se pode manter, polo momento, ata o 30 de xuño.
Trátase dunha subvención especial para os afectados por un ERTE por causa maior pola crise do coronavirus, ben porque reduciron a xornada laboral ou porque foron despedidos temporalmente.Todos eles poderán percibir esta prestación, aínda que non teñan cotizado o tempo mínimo requirido. Ademais, este subsidio non contará no futuro á hora de calcular canto gastaron de prestación. O contrato debe ser anterior á entrada en vigor deste Decreto Lei.
O importe é o mesmo que o do paro habitual. Para calculalo, terán en conta os últimos 180 días traballados ou, se é menos, os que se traballaron nesa empresa.
Axudas para traballadores temporais
Como se pide?
Nesta páxina do SEPE.
Dende e ata cando?
Para contratos que rematen a partir do 14 de marzo. En principio, esta axuda ten unha duración dun mes, pero o Goberno deixou a porta aberto a amplialo máis adiante.
A axuda neste caso supón o 80% do IPREM, uns 430 euros, para os que rematen, desde que se decretou o estado de alarma, contratos de duración determinada, incluídos contratos de interinidade, formación e de relevo, e que non conten coa cotización necesaria para acceder a outras prestacións, como o a de desemprego. Este importe será o mesmo para os contratos a tempo completo ou a tempo parcial.
Cobrarase o mes seguinte á presentación da solicitude e, para calcular a súa duración (ata ese mes máximo) contarase a partir do día seguinte ao final do contrato, por un mes e en non máis dunha ocasión. É dicir: é un pago único.
Estas son as condicións:
- O solicitante debe estar rexistrado como demandante de emprego e non pode ser autónomo ou a xonrada completa na data de rescisión do contrato nin na data de nacemento da subvención excepcional.
- A rescisión do contrato debe ser posterior ao 14 de marzo e debe ter unha duración de polo menos dous meses.
- Esta axuda é incompatible con calquera renta mínima, renta de inclusión, salario social ou axudas concedidas por calquera administración pública.
- Só se lle dará a aqueles que non teñan ingresos suficientes ou, o que é o mesmo, non superen o 75% do salario mínimo con outros ingresos, 712,5 euros ao mes.
Axudas para empregadas do fogar
Como se pide?
Nesta páxina do SEPE.
Dende cando?
Aplícase a aquelas persoas que estiveran de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar antes do 14 de marzo e, dende entón, sufriran recorte ou fin do seu contrato.
Tempo en vigor
Do 5 de maio a un mes despois da finalización do estado de alarma.
É un subsidio especial para empregadas do fogar que quedan sen traballo ou cuxa actividade se reduce debido á crise. A axuda consistirá nun 70% da base cotizable que se deixou de percibir (xa sexa todo en caso de despedimento, como unha parte en caso de redución) tendo en conta o mes anterior. Nos dous casos, non excederá o Salario Mínimo Interprofesional de 950 euros ao mes. De feito, non se concederá ás persoas que teñan outros traballos ou actividades que superen eses 950 euros.
Condicións:
- Poderán acceder aqueles que deixaron temporalmente de prestar servizo ou viron reducido seu traballo, nun ou varios domicilios, para evitar o contaxio ou os que foron despedidos.
- Este subsidio é incompatible coa da incapacidade temporal e co permiso retribuido recuperable para actividades non esenciais. Así mesmo, será incompatible con outros traballos despois da solicitude cuxos ingresos, xunto coa subvención, superen o salario mínimo de 950 euros ao mes.
Para solicitalo, deberán presentar no SEPE, do 5 de maio a un mes despois da finalización do estado de alarma, a solicitude xunto con declaracións responsables de todos os seus empregadores, tanto os que reduciron ou cesaron a súa actividade como os que a despediron como os que manteñen os seus servizos, demostrando canto lle pagan.
A axuda cobrarase o día dez de cada mes, pero a resolución dá como máximo tres meses para dar luz verde ou non a cada solicitude. Si se cobra tarde, cobrarase todo o pendente desde que se produciu o despedimento ou redución de ingresos.
Reducción de xornada por coidados
Como de pide?
Na propia empresa.
Dende cando?
Entrou en vigor o 18 de marzo e pode permanecer activo ata tres meses despois de que remate o estado de alarma.
Os que non poden traballar porque teñen que coidar de menores (por cancelación de clases), de persoas maiores ou dependentes, xa sexa o cónxuxe ou parella de feito ou parentes ata o segundo grao, e traballan como empregados, teñen dereito a que a empresa adapte ou reduza a súa xornada laboral, incluso ata o 100%. A redución de horas implicará a redución salarial na mesma proporción.
A adaptación da xornada pode incluír cambio de quendas, alteración de horas, horario flexible, xornada laboral partida ou continua, cambio de centro de traballo, cambio de funcións, cambio de forma de prestación de traballo, incluída a prestación de traballo a distancia, ou en calquera outro cambio nas condicións de traballo. Nos casos en que o traballador xa tivese unha redución ou adaptación da xornada laboral, pode modificala ou amplialo.
Traballadores fixos discontinuos e de temporada
Existen diferentes escenarios:
- Se a empresa aplica un ERTE: recibirán o paro especial comentado máis arriba, incluídos aqueles que estiveran á espera de pasar a periodos de actividade e non o fixeran pola crise.
- No caso de que se paralizara o traballo antes de tempo e pasan a cobrar o paro, a prestación que cobren durante ese periodo no que deberían estar traballando volverase a cobrar, ata un máximo de 90 días, cando volvan a estar en desemprego. Isto é: é como se non a gastaran.
- Para calcular a temporada laboral, terase en conta o periodo traballado o ano anterio e, se é o primeiro ano, o de outros traballadores similares na empresa.
- No caso de que a persoa non se incorporara por culta da crise, seguirá cobrando a súa prestación se ten dereito. No caso de que a agotara, perto ten tempo suficiente cotizado, daráselle unha nova prestación. en todo caso, aplicaráselle o punto anterior e poderá volver a cobrala o día que, se non pasara nada, acabaría o traballo de temporada. Isto é: non gastará a prestación durante o tempo que debería estar de actividade.
Para aqueles traballadores, xa sexa que viran interrompido o tempo habitual de traballo ou que, directamente non os chamaran, e ademais non teñen suficientemente cotizado para poder acceder ao paro, poderán recibir unha pestación contribitiva ata a data na que se incorporen, cun máximo de 90 días. Esta prestación será a mesma que recibiron a última vez ou, non se a houbera, a prestación mínima contributiva. Esta medida aplicarase tamén aos que agoten a súas prestación de desemprego habituais antes de regresar ao traballo.
AUTÓNOMOS E EMPRESAS
Cese de actividade (só autónomos)
Onde se pide?
Na mutua. No caso de non ter, terá que darse de alta nunha mutua da súa elección, que será onde pedirá a axuda. No caso dos traballadores do mar no Insituto Social da Mariña.
Tempo en vigor
Dende o 14 de marzo ata o último día do mes no que finalice o estado de alarma.
Trátase dunha prestación excepcional que contará como periodo cotizado. Suporá o 70% da base reguladora. Os que a reciban non pagan durante o tempo que dure as cotas da Seguridade Social.
Condicións:
- Estar de alta a 14 de marzo.
- Que, polas medidas de contención do coranavirus, tiveras que cesar a túa actividade ou reducir a facturación polo menos nun 75% (datos do mes anterior á solicitude con respecto ao premedio semestral). No caso de autónomos que se dediquen á producción e postproducción de cine, televisión e series, producción musical e son, artes escénicas, creación artística e literaria, tomaranse os doce meses anteriores e non seis.
- Estar ao corrente de pagos coa Seguridade Social, aínda que poden poñerte ao día.
Non é necesario un periodo mínimo de cotización e tamén poden recibila os que teñan traballadores a cargo. Ademais, é compatible con presentar un ERTE e co ingreso de outras axudas da Seguridade Social que permitiran seguir traballando á vez.
Moratoria cotas Seguridade Social
Onde se pide?
Empresas e aqueles autónomos que poidan, a través do “Sistema RED”. Os que non, a través da sede electrónica da Seguridade Social.
Cando se pide?
Dentro dos dez primeiros días naturais dos prazos de ingreso. Isto é: para as cotas de maio, antes do 10 de xuño, por exemplo.
Tempo en vigor
Entrou en vigor o 2 de abril pero só se pode pedir para cotas devengadas en maio, xuño e xullo para autónomos e en abril, maio e xuño para empresas.
Trátase dunha moratoria de seis meses sen intereses no pago de cotas da Seguridade Social para autónomos e empresas. Esta medida non se aplicará por ingresos ou volume de negocio, senon a todos os autónomos e empresas que a soliciten, pero só de algúns sectores:
- Outros cultivos non perennes (119)
- Outros cultivos perennes (129)
- Outras actividades de impresión e artes gráficas (1812)
- Fabricación de carpintería metálica (2512)
- Fontanería, instalación de sistemas de calefación e aire acondicionado (4322)
- Instalación de carpintería (4332)
- Comercio ao por menor en establecementos non especializados, con predominio en productos alimenticios, bebidas e tabaco (4711)
- Outro comercio ao por menos en establecementos non especializados (4719)
- Comercio ao por menor de pan e productos de panadería, confitería e pastelería en establecementos especializados (4724)
- Axencias de publicidade (7311)
- Actividades odontolóxicas (8623)
- Peluquería e outros tratamentos de beleza (9602)
As empresas e autónomos que non entren nestas categorías poden pedir un aprazamento das cotas. Eso si, cun interese ao 0,5%.
Os autónomos poderán pedir esta moratoria para as cotas devengadas entre maio e xullo. As empresas, en cambio, para as cotas dos seus traballadores de entre abril e xuño, un mes antes. Deberase solicitar dentro dos primeiros dez días naturais do prazo reglamentario de ingreso a través dos sistemas online da web da Seguiridade Social.
Eso si, esta moratoria non estará dispoñible no caso de ERTE a causa do coranavirus, posto que nesas suspensións de emprego xa se eliminou a cota (de forma total no caso de empresas de menos de 50 traballadores, do 75% no resto) nin aos ceses de actividade polo coronavirus para autónomos aprobados a mediados de marzo, nos que tamén se eximeu do pago dende que estén en marcha.
Aprazamentos de cotas da Seguridade Social
Cal é a diferenza coa moratoria?
Entre outras cousas, que no caso dos aprazamentos si que se pagan intereses (un 0,5%). E pode pedilo calquera, non só os que cumpran coas condicións da moratoria.
Onde se pide?
Empresas e aqueles autónomos que poidan, a través do “Sistema RED”. Os que non, a través da sede electrónica da Seguridade Social.
Cando se pide?
Dentro dos dez primeiros días naturais dos prazos de ingreso. Iso é: para as cotas de maio, antes do 10 de xuño, por exemplo.
Tempo en vigor
Entrou en vigor o 2 de abril. Aplica a pago cuxo prazo reglamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020.
Pode solicitalo calquera empresa ou autónomo, sempre que non tiveran outro aprazamentos en vigor.
O aprazamentos de débedas coa Seguridade Social ao 0,5% de interese poderanse amortizar en catro meses por cada mes aprazado ata nun total de 12 meses. Este aprazamento é incompatible coa moratoria do pago de cotas da Seguridade Social, unha medida que, a data da última actualización desta guía, aínda non se puxo en marcha porque está pendente dunha orde ministerial que incluía os requisitos.
Aprazamento de outros impostos
Retrasouse de abril a maio o pago IVA, IRPF e Imposto de Sociedade a Pemes e autónomos cun volume de operacións a efectos de IVA de menos de 600.000€. Pero, en paralelo, dende o inicio do estado de alarma permítese aprazar este tipo de impostos tamén para entidades cun tamaño superior. Estes son os detalles:
Onde se pide?
Na web da Axencia Tributaria, que estableceu un sistema para poñelo en marcha.
Tempo en vigor
Para declaración e liquidación cuxo prazo de presentación ou ingreso acaba entre o 13 de marzo e o 30 de maio.
Para autónomos e as Pemes (volume de operacións inferior aos seis millóns en 2019). Será de seis meses, pero só os tres primeiros sen intereses de demora. Eso si, só se permitirá para débedas máximas de 30.000€.
ERTE bonificado
Como se pide?
As empresas ou autónomos con traballadores ao seu cargo presentarán unha solicitude ante a autoridade laboral competente, que se acompañará dun informe que xustifique a perda de actividade como consecuencia do COVID-19. Ademais, é o empresario o encargado de presentar tamén ante o SEPE a lista de traballadores afectados para que se poña en marcha o pago de prestacións.
Dende o 13 de maio, poderanse manter os ERTE completos ou poñerlles fin e substituilos por un ERTE parcial que permita ir recuperando a actividade de forma paulatina. Este cambio deberáselle comunicar á inspección laboral e ao SEPE.
Poden presentar o ERTe por forza maior, segundo o Ministerio de Traballo:
- Todas as empresas ás que tanto antes como despois da declaración do estado de alarma, non lles resulta posible desenvolver a súa actividade por unha decisión adoptada por parte da Administración Pública.
- As afectadas por razóns extraordinarias e urxentes vicnuladas co contaxio ou illamento preventivo.
- Todas aquelas que se vexan obrigadas a suspender a súa actividade como consecuencia do peche de locais de afluencia pública, restriccións do transporte público ou falta de suministros que impida gravemente a continuidade da actividade, sempre que estas causas sexan consecuencia directa do COVID-19.
Dende o 13 de maio hai dúas modalidades:
- No caso dun ERTE total dos aprobados ao principio da crise sanitaria que se mantén, co tope do 30 de xuño, durante o tempo de reducción ou despido temporal, as empresas non terán que pagar as cotas da Seguridade Social se teñen menos de 50 traballadores. As que teñan máis pagarán o 25% das cotas.
- No caso dun ERTE parcial para ir reanudando a actividade, as exoneracións de cotas serán máis beneficiosas para elas no caso dos traballadores que se reincorporen. Así, as de menos de 50 empregados pagarán, sobre os que volvan ao traballo, un 15% en maio e un 30% en xuño. Para os que sigan no ERTE, un 40% e un 55% respectivamente. As de 50 ou máis, pola súa parte, terán que asumir un 40 e un 55% sobre os que regresen e un 55% e un 70%, para maio e xuño, das cotas dos traballadores que sigan no ERTE.
Todas estas medidas laborais están supeditadas a que as empresas manteñan o emprego durante seis meses dende a reanudación da actividade, aínda que se permite certa flexibilidade en “empresas que presentan unha alta variabilidade ou estacionalidade do emprego ou unha relación directa con eventos ou espectáculos concretos”. Así, por exemplo, no caso de contratos temporais que acaben por fin da obra ou servizo, non se entenderá que se está incumprindo a norma dos seis meses.
Tampouco contarán no cálculo do mantemento de emprego os despidos disciplinarios, as dimisións, as incapacidades permanentes totais, falecementos, xubilacións ou cando non se chama aos traballadores fixos discontinuos, sempre que se manteña o contrato. Tampouco se terá en conta esta obrigación de manter o emprego en empresas en risco de concurso. Si no caso de que se despida aos traballadores afectados polo ERTE. No caso de que se incumpra esta condición, deberanse devolver as exención ás cotas, ademais dos recargos e intereses. Tamén se a empresa ten 50 traballadores ou máis e reparte dividendos do exercicio 2020.
Moratoria do aluguer de locais de traballo
Onde se pide?
Ante o arrendador.
O arrendador está obrigado a aceptar esta solicitude?
Si no caso dun gran propietario. No caso contrario, non está obrigado.
Canto tempo durará o aprazamento?
Non máis de catro meses.
Cando de debe pagar a débeda xerada?
Un ano antes da finalización do contrato, se o vencemento é anterio. Se o arrendador é unha entidade pública ou un gran propietario, o prazo aumenta ata os dous anos ou antes da finalización do contrato de alugueiro, se a finalización é anterio.
As posibilidades son diferentes en función do arrendador. No caso de que sexa unha entidade pública ou un gran propietario:
- O propietario do inmoble está obrigado a aceptar a moratoria, sempre que non chegara a un acordo ata o de agora.
- Este aprazamento de pago poderá durar o tempo do estado de alarma e, si se manteñen as condicións, os meses posteriores, pero sen superar os catro meses en total.
- A empresa ou autónomo pagará a débeda en dous anos, a contar dende que finalice a moratoria, ou no tempo que lle quede de contrato de alugueiro. Esto significa que, se o contrato se renova por anos e finaliza en breve, os prazos acórtanse.
Se o caseiro non é un gran propietario, pódese solicitar un aprazamento, pero non ten a obriga de aceptalo. No caso de que se chegue a un acordo, pódese usar a fianza como pago. Eso si, deberáse devolver nun ano ou, como no caso anterior, antes de que acabe o contrato de aluguer.
As condicións para que os autónomos poidan acollerse a este aprazamentos son:
- Estar de alta a 14 de marzo.
- Que cesara a actividade polas decisións públicas ou que a facturación caera nun 75% o mes anterior á solicitude con respecto á facturación media dese trimestre o ano anterior.
E as condicións para as empresas son:
- Aquelas que poidan presentar balance e estado de cambios no patrimonio neto abreviado, isto é, que cumpran durante dous exercicios consecutivos polo menos dúas destas condicións:
- Que o seu activo non supere os catro millóns.
- Que a súa cifra de negocio neta non supere os oito millóns.
- Que non teñan máis de 50 traballadores.