Creamos esta ferrramenta coa finalidade de achegarlle aos veciños e veciñas de Rianxo, así como as persoas que nos visiten nun futuro, información de actualidade sobre o noso comercio local.
O noso tecido comercial leva xa varios anos vivindo unha situación complicada, unhas dificultades ás que se suma a crise provocada pola conxuntura de emerxencia sanitaria que estamos vivindo. Tratar de reverter esta situación é urxente e necesario pois o comercio local contribúe ao mantemento dos servizos e infraestruturas públicas, crea traballo e fortalece o noso tecido empresarial.
Con esta páxina web pretendemos apoiar ao sector dándolle visibilidade, á vez que informar á veciñanza dos servizos que ten á súa disposición neste tempo de confinamento.